Cargando resultados...
Valencia instala puntos de vacinación contra a covid nos centros comerciais
Sen necesidade de cita previa, a iniciativa pretende chegar á poboación que aínda está sen inmunizar
G24.gal
13/11/2021 19:54
Na procura de ampliar ao máximo o número de persoas inmunizadas contra a covid, a Consellería de Sanidade de Valencia instalou puntos móbiles de vacinación en dúas áreas comerciais de Elxe e Alacante esta fin de semana.
Sen necesidade de cita previa, a iniciativa pretende facilitar a vacinación dos dous de cada dez valencianos que non teñen a pauta completa.
A xornada de vacinación nas áreas comerciais , súmase a outras realizadas en festivais de música e eventos deportivos.