Publicador de contidos

Publicador de contidos

Valdeorras, a primeira denominación de orixe española na prestixiosa academia do viño WSET

Valdeorras, a primeira denominación de orixe española na prestixiosa academia do viño WSET

Fano para lograr unha maior proxección do godello a nivel internacional

Tamén apostan pola formación de alto nivel entre os profesionais do sector

G24.gal 05/04/2025 14:22

A última foi unha vendima histórica en Valdeorras. Superaron os oito millóns de quilos en total, e por primeira vez sobrepasaron os seis millóns en godello, a variedade autóctona, punta de lanza dun mercado internacional cada vez máis interesado nos brancos. É neste contexto onde se enmarca a entrada da denominación de orixe como socio patrocinador de Wine SET.

David Martín, CEO de WSET: "Tiven a oportunidade estes días de probar uns godellos espectaculares. Parece que, como variedade autóctona, pode ter un potencial a nivel internacional moi distintivo da rexión".

A entidade, con sede en Londres, é a máis prestixiosa en canto a formación de profesionais no mundo do viño, outro dos obxectivos do consello regulador.

Jorge Luis Mazaira Pérez, director técnico da DO Valdeorras: "É moi interesante que representantes dos nosos viños poidan estar neses cursos de formación. Á parte diso, a plataforma, coas súas 'newsletters' e noticias que poidan saír, mais as recomendacións que faga unha plataforma que está en setenta países, pode facer chegar Valdeorras a distintas partes do mundo, algo moi importante para nós".

O acordo é de carácter anual, tras o que valorarán os resultados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade