Cargando resultados...
Pfizer pedirá autorización para a dose de reforzo da vacina contra a covid en nenos
Din que un ensaio clínico demostrou que aumenta por 36 os anticorpos contra a variante ómicron

G24.gal
15/04/2022 12:46
Pfizer vai pedir que se autorice unha dose de reforzo da vacina contra a Covid para nenos de 5 a 11 anos.
Din que a terceira dose aumenta significativamente os anticorpos contra a variante ómicron, segundo un estudo que realizaron. Argumentan que a vacina foi ben tolerada e non plantexou novas cuestións de seguridade.
Van compartir os datos canto antes coa Axencia Europea do Medicamento para pedir a autorización de emerxencia.