Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ursula von der Leyen tende a man a socialistas e liberais para unha Europa forte

Ursula von der Leyen tende a man a socialistas e liberais para unha Europa forte

O novo Parlamento Europeo quedará constituído o 16 de xullo

O Parlamento Europeo escórase á dereita, pero resiste a maioría proeuropea

G24.gal 10/06/2024 14:28

Europa esperta marcada pola forte suba das forzas da dereita radical en moitos países. Un ascenso que non se vai traducir en grandes cambios dentro da nova Eurocámara. O Partido Popular Europeo é claro vencedor destes comicios e a súa candidata, Ursula von der Leyen, aspira a revalidar o cargo de presidenta da Comisión Europea co apoio de socialistas e liberais.

"Temos que traballar xuntos como fixemos nos últimos cinco anos. Temos que construír unha maioría para unha Europa forte", reclama Ursula von der Leyen.

Con todo, a suba das forzas da dereita radical en países clave como Alemaña ou Francia ten consecuencias inmediatas. O rotundo triunfo de Marine Le Pen, en Francia, que dobra en apoios a formación de Macron, levou o presidente da República a convocar eleccións lexislativas anticipadas.

"Decidín disolver a Asemblea Nacional", avanza Emmanuel Macron, presidente da República francesa.

En Alemaña, os resultados supoñen un duro golpe para a coalición de esquerdas de Olaf Scholz, que pasa a ser a terceira forza no país. A formación radical, Alternativa para Alemaña, sitúase como segunda forza por detrás da dereita tradicional conservadora, que foi a ganadora das eleccións.

A dereita radical avanza tamén en Bélxica. A forte caída do Partido Liberal leva o primeiro ministro, Alexander de Croo,  a dimitir. Os ultranacionalistas conseguen tamén un resultado histórico en Austria co 27 % dos votos, por diante de populares e socialistas.

Con estes resultados, as negociacións para conformar os grupos políticos da Eurocámara comezarán de inmediato. O próximo 16 de xullo quedará constituído o novo Parlamento Europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar