Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uns 7.000 mariscadores poderán cobrar a axuda para paliar as perdas pola mortaldade

Uns 7.000 mariscadores poderán cobrar a axuda para paliar as perdas pola mortaldade

A contía ascende a 550 euros por persoa

G24.gal 05/02/2024 15:07

A Consellería do Mar publicou hoxe a lista de beneficiarios das axudas ao marisqueo. Máis de 7.000 profesionais do sector van beneficiarse da axuda, duns 550 euros por persoa.

A Xunta destina 4,4 millóns de euros a paliar as perdas económicas causadas pola mortaldade de bivalvos tras a intensa chuvia do pasado outono. Os requisitos son contar co permiso de marisqueo a pé ou en embarcación e que non xeraran ingresos superiores aos 3.000 euros entre outubro e novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar