Publicador de contidos

Unha veciña de Ourense leva dez anos sorprendendo cada Nadal coa súa casa iluminada

Unha veciña de Ourense leva dez anos sorprendendo cada Nadal coa súa casa iluminada

A súa dona é unha apaixonada das luces de Nadal e encántalle recibir as visitas dos veciños

Cada ano deseña e elabora unha decoración diferente para a súa casa, situada no barrio ourensán de Santa Mariña 

A iluminación desta casa en Ourense xa é toda unha tradición do Nadal.
G24.gal 03/12/2021 19:11

O espírito do Nadal inunda xa as rúas de moitas vilas e cidades galegas. E tamén as casas particulares se enchen estes días de decoración e de iluminación. Este é o caso dunha vivenda en Ourense, onde a súa dona sorprende cada ano coas súas creacións.

Completamente  iluminada loce este ano a casa de Mari Carmen, no barrio ourensán de Santa Mariña. Comezou hai dez anos coa decoración de  Nadal na súa vivenda e cada ano ten máis elementos novos que ela mesma elabora e máis luces.

"É que as luces son felicidade, para min é felicidade", di Mari Carmen Iglesias Baz, a dona da casa. 

A súa rechamante iluminación xa é toda unha tradición na zona e di que son moitos os veciños que van visitala. E este é o seu xeito de darlles, di, un pouco de alegría.

"Moita xente vén vela, pais con nenos e sen nenos. A min faime moita ilusión, que veñan os nenos, que veñan os maiores, que gocen, a min encántame", di orgullosa Mari Carmen. 

Mari Carmen é unha apaixonada das luces de Nadal e di que mentres poida vai seguir iluminando cada ano a súa vivenda

Nin o ano pasado coa pandemia renunciou ás súas luces de Nadal, nin este malia o elevado prezo da luz. Di que tan só vai reducir un par de horas o acendido.

Desde as seis da tarde ata a unha da madrugada esta casa de Ourense convértese nunha atracción que mantén vivo o espírito do Nadal.

Cada ano deseña e elabora novas decoracións para a súa casa en Ourense.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos