Unha tenda de Santiago marida viños con libros, flores e xoias
Canda o paquete do viño co libro, a xoia ou as flores vai unha explicación da maridaxe
Tamén ofrecen maridaxes personalizadas en función dos gustos ou características dunha persoa en concreto
Unha nova tenda de Santiago marida viños de todo o mundo con libros, flores e xoias. O seu nome, Marida e vencerás, responde a que, lonxe de dividir, a unión non só fai a forza senón que triunfa. Aquí marídanse as paixóns do propietario Xavier Artués: viño e literatura.
A experiencia que lle deu a Xavier Arbués traballar anos no mundo dos viños é o que lle dá destreza para maridar as palabras cos zumes. Explícanos que, por exemplo, nunha novela negra elixe un viño cuxos matices se vaian descubrindo aos poucos, como pasa coas intrigas da literatura.
Tamén ofrecen maridaxes exclusivas, con viño e libro para unha persoa en concreto, maridaxes con xoias, deseñadas en función da historia do viño, ou maridaxes con flores, elixidas polos aromas do caldo. Todas levan a súa explicación.