Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha persoa queda ferida nunha agresión con arma branca en Sada

Unha persoa queda ferida nunha agresión con arma branca en Sada

Na agresión están implicadas tres persoas

G24.gal 23/02/2024 17:30 Última actualización 23/02/2024 18:38

Un veciño da localidade de coruñesa de Sada resultou ferido ao ser agredido cunha arma branca durante unha liorta, segundo informaron fontes municipais e da Garda Civil. O incidente tivo lugar na noite do xoves, onde se viron implicadas outras tres persoas na agresión.

Por estes feitos, de cuxa investigación se encarga a Policía Xudicial e polo que por agora non hai detidos, foi evacuada unha persoa ao complexo hospitalario universitario da Coruña.

O goberno local agradeceu o labor da Policía Local e da Garda Civil pola "rápida intervención" nun suceso que se pechou cunha persoa ferida. Tamén destacaron a coordinación por parte dos efectivos policiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade