Unha maqueta da Paixón de Cristo, novo atractivo en San Paio da Estrada
A maqueta poderá visitarse ata o domingo posterior á Pascua
Son moitas as curiosidades que agochan algunhas celebracións da Semana Santa e unha delas atopámola na igresa de San Paio na Estrada. Trátase dunha maqueta feita á man por un catequista da parroquia, que representa as principais escenas da Paixón.
É habitual ver representacións do nacemento no Nadal en moitas igrexas, pero a reprodución en miniatura das escenas da Paixón e morte de Xesús non é tan cotiá. Por iso resulta singular esta, elaborada por Lisardo, un catequista da parroquia de San Paio na Estrada afeccionado ás maquetas.
A maqueta recolle cronoloxicamente as principais escenas bíblicas da Paixón de Cristo. A iniciativa é aplaudida por fregueses e visitantes pola súa didáctica. A maqueta poderá visitarse ata o domingo posterior á Pascua.