Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha imprenta na era dixital: a busca de exclusividade impulsa a encadernación artesanal

Unha imprenta na era dixital: a busca de exclusividade impulsa a encadernación artesanal

G24.gal 27/05/2026 21:00

É unha das imprentas históricas da Coruña. Naceu en 1885 como taller familiar de encadernación e na era dixital mantén ese quefacer artesanal.

"Para cousas que teñen que ser máis rápicas, o dixital ten máis vantaxes; pero, pola contra, outros acabados  non se conseguen aínda, polo de agora, coas máquinas de dixital", explica Alberto Boquete, xerente de Imprenta López.

O de Ovidio é un traballo único. Realiza a man todo o proceso. Comeza no tear cosendo. Iso logo de revisar, ordenar e marcar os cadernos.

"É un cosido manual que queda cosido forte que aguanta tempo e tempo. Non tratando mal o libro pode durar anos, un montón de anos", afirma Ovidio Río, encadernador artesanal na imprenta.  

O proceso continúa co corte e pegado.

"Teño que darlle así co martelo. Voulle dando para sacarlle a forma, unha vez que está un pouco seca a cola", di.

As obras que incorporan o gravado, dourado e estampación personalizada.

"O que pida o cliente. É todo á medida del. Segundo pida tamén se lle cobra e así se lle fai. Non hai problema", sentenza. 

Entre os pedidos que reciben hai desde arquivos de bibliotecas ata encargas de particulares. 

"Cada vez nos chegan máis pedidos, sobre todo, desa parte de particulares que teñen recordos que queren manter, que queren darlles aos seus fillos e netos e queren cederllos e queren facelo en boas condicións", indica o xerente de Imprenta López.

Garantía de conservación e gusto polo exclusivo impulsan esta técnica artesanal no actual contexto dixital. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar