Unha enquisa de "El País" sitúa a Ayuso á beira da maioría absoluta
A sondaxe do xornal deixa un escenario aberto na Comunidade Valenciana
El Mundo outórgalle vantaxe ao socialista Collboni para a alcaldía de Barcelona

Novas entregas de enquisas no ámbito estatal co foco posto en comicios autonómicos e municipais. El País destaca que "unha repunta do PP estreita aínda máis a batalla pola Generalitat Valenciana".
Hai un empate virtual entre os dous bloques. Tamén salienta que en Madrid Ayuso "loita pola maioría absoluta e Podemos por entrar na Asemblea". Lograría entre 66 e 69 escanos e a maioría absoluta está en 68.

Pola súa parte, El Mundo sitúa o socialista Collboni en primeira posición para a alcaldía de Barcelona por moi escasa marxe con respecto a Ada Colau e Xavier Trias.
En Sevilla, o PP tería opcións de lograr o bastón municipal co apoio de Vox, aínda que o bloque de esquerda dominado polo PSOE está practicamente empatado.
