Cargando resultados...
Unha anciá circula dez minutos en sentido contrario pola A-52 en Ourense
A muller ía en dirección a Vigo polos carrís en sentido Benavente.
G24.gal
13/04/2023 11:32
A Garda Civil interceptou en Ourense pouco despois das sete da mañá unha muller maior que circulaba en sentido contrario co seu vehículo pola A-52.
Foi un particular o que alertou os servizos de emerxencias de que había un vehículo en dirección contraria pola autovía.
A anciá, que conducía un Seat Toledo granate, ía en dirección a Vigo polos carrís en sentido Benavente.
Foi localizada e interceptada dez minutos despois da chamada.