Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unanimidade para pedir que o Xacobeo 2027 sexa declarado de excepcional interese

Unanimidade para pedir que o Xacobeo 2027 sexa declarado de excepcional interese

O obxectivo é beneficiar as empresas que contribúan na programación e na difusión do Ano Santo mediante deducións fiscais

Foto de arquivo Foto de arquivo
G24.gal 02/05/2024 19:55

O Parlamento de Galicia aprobou con unanimidade este xoves unha proposición non de lei en que se solicita ao Goberno central que declare o Xacobeo 2027 como acontecemento de excepcional interese, con efectos desde o ano 2025. 

O obxectivo da petición aprobada na comisión de Turismo do Parlamento é beneficiar a todos aqueles que contribúan tanto á programación como á difusión do Ano Santo a través de deducións fiscais. Esta declaración xa se fixo en anteriores celebracións de anos Xacobeos.

De feito, o Xacobeo 2021-2022 contou coa colaboración de 40 empresas de varios sectores e supuxo unha achega de máis de 28 millóns de euros para o evento. A proposta foi impulsada polo PPdeG e contou co respaldo do BNG, PSdeG e Democracia Ourensana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos