Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unai Sordo avisa o Goberno de que non pode quedar en papel mollado o negociado ata o de agora con Traballo

Unai Sordo avisa o Goberno de que non pode quedar en papel mollado o negociado ata o de agora con Traballo

Sordo admite que podería darse "conflito" se a presenza doutros membros do Executivo  varía a posición mantida ata o momento

G24.gal 28/10/2021 11:02


O secretario xeral de Comisións Obreiras, Unai Sordo, lanza unha mensaxe ao Goberno logo das discrepancias e posterior acordo entre PSOE e Unidas Podemos, socios de coalición, respecto a manter unha posición común na negociación da reforma laboral. 

Nunha entrevista na Radio Galega, Sordo asegura que que lles "son indiferentes" os acordos internos do Executivo sobre como se "coordinan". Outra cousa, avisa, é se os cambios fan variar a posición do Goberno mantida ata o momento e que estivo liderada polo Ministerio de Traballo. 

"Esta negociación abordou xa o que é a derrogación dos aspectos da reforma laboral que tiñan que ver coa negociación colectiva coas determinadas posicións do Goberno que veñen coincidir co programa de Goberno e por tanto, se aí houbese algún tipo de modificación e o Goberno se desdixera das posicións que trouxo ata o de agora, pois entón si habería un conflito", avisaba o secretario xeral de CC. OO. 

A continuación, Unai Sordo engadía que "o que ten que ver co que ata o de agora temos coñecido, con estas pautas de nova coordinación dentro do Goberno, a nós en principio non nos supón maior problema". 

Unai Sordo, secretario xeral de CC. OO.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade