Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unai Núñez estreouse coa camisola celeste

Unai Núñez estreouse coa camisola celeste

Xogou 81 minutos compartindo o centro da defensa con Aidoo, a que apunta a parella titular no Celta

G24.gal 30/07/2022 16:37

O central de Portugalete Unai Núñez estreouse coa camisola celeste diante do Sporting de Braga. Xogou 81 minutos. Tocoulle marcar ao poderoso Banza, autor do gol, co que tivo seus máis e seus menos. Os dous viron o cartón amarelo por senllas disputas aéreas. 

Unai Núñez-Aidoo apunta a ser o centro da defensa titular no Celta á espera de futuros movementos do mercado. Así o deixou ver onte Coudet dándolle a confianza aos dous xogadores.

"Houbo bo entendemento entre os dous, é un gran xogador", asegurou Unai ao remate do encontro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade