Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un xulgado de Badaxoz investiga o irmán de Pedro Sánchez por acusacións de malversación

Un xulgado de Badaxoz investiga o irmán de Pedro Sánchez por acusacións de malversación

A actuación xudicial prodúcese tras a presentación dunha denuncia pola organización Manos Limpias

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 10/06/2024 21:38 Última actualización 10/06/2024 21:50

O Xulgado de Instrución número 3 de Badaxoz abriu dilixencias de investigación contra o irmán de Pedro Sánchez David Sánchez Pérez-Castejón, o presidente da Deputación de Badaxoz Miguel Ángel Gallardo e o responsable de Recursos Humanos desta institución.

As dilixencias de investigación abriunas o xulgado polos presuntos delitos contra a Administración Pública, a Facenda Pública, malversación, prevaricación e tráfico de influencias, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura.

Este auto xa se notificou ás partes, e agora acordouse a práctica de probas, entre elas a remisión do contrato do irmán de Pedro Sánchez, coñecido como David Azagra, que actualmente é coordinador do programa Ópera Joven da Deputación de Badaxoz.

Cabe lembrar que estas dilixencias de investigación se abren tras a presentación dunha denuncia pola organización Manos Limpias, a finais de maio, contra David Sánchez e Gallardo por malversación.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade