Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xogador do Recesende, suspendido un ano e medio por agredir un árbitro

Un xogador do Recesende, suspendido un ano e medio por agredir un árbitro

Alejandro Rosende golpeou o colexiado do Lamela-Recesende, de Segunda Futgal, e tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro médico

G24.gal 07/05/2025 21:58

O partido da Segunda Futgal entre o Lamela e o Recesende acabou do peor xeito. Un encontro no que se viron 13 goles (7-6) e que no minuto 96 tivo que ser suspendido pola agresión do xogador Alejandro Rosende Martínez ao árbitro Óscar Enríquez Pereiro. 

O futbolista do Recesende viu dous cartóns amarelos no tempo engadido polo que foi expulsado. O que veu despois foi unha brutal agresión que precisou de asistencia médica. O colexiado foi trasladado a un centro médico en ambulancia. 

A Federación, no seu parte de sancións, impuxo unha inhabilitación a Alejandro Rosende de 1 ano e medio, tempo no que non poderá dispoñer da súa ficha federativa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade