Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Monte Alto, na Coruña, premiado con máis de dous millóns na Bonoloto

Un veciño de Monte Alto, na Coruña, premiado con máis de dous millóns na Bonoloto

A administración do barrio xa leva repartidos importantes premios, entre eles, o Gordo de Nadal

G24.gal 05/08/2025 14:46

Unha combinación dos números 4, 22, 23, 31, 32 e 47. Complementario o 36 e reintegro, o 0. Este é o boleto selado na administración número 21 de Monte Alto e o premiado con 2 millóns, 42 mil euros no sorteo da Bonoloto.

"Unha felicidade moi grande", asegura Manuel Mahía, propietario da administración.

O agraciado, que prefire manterse no anonimato, acudiu esta mesma mañá a comprobar o seu boleto. É un veciño do barrio de Monte Alto, cliente habitual da administración, que xogou un boleto múltiple. Ante as nosas preguntas sobre que facer cos cartos, botaba man da retranca: "Pódense facer tantas cousas!"

O premio alterou a actividade diaria dun dos loteiros máis populares de Monte Alto. Manuel xa repartiu importantes premios nos últimos anos. Entre eles un Gordo de Nadal e agarda seguir coa sorte.

"Xa lle dixen a unha clienta que non perda a esperanza, que esta noite hai 181 millóns e oxalá teñades que volver mañá".

O premio é a nova do día en Monte Alto. Foron moitos os veciños que se achegaron á administración para coñecer máis detalles e felicitar ao loteiro. Na administración xa botan contas metidos xa de cheo na campaña de lotaría de Nadal. Agardan que este premio axude a aumentar as vendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade