Publicador de contidos

Publicador de contidos

A refinaría da Coruña volve a normalidade despois do incendio desta madrugada

A refinaría da Coruña volve a normalidade despois do incendio desta madrugada

Un traballador resultou ferido leve no lume dunha liña de dru

Desde o comité de empresa reclamaron unha comisión de investigación

Foron os bombeiros da propia planta os que o sufucaron as lapas 

G24.gal 20/04/2023 02:52

A refinaría da Coruña retomou a normalidade despois do incendio rexistrado esta madrugada nunha das unidades, que é a única afectada.

Desde Repsol, explicaron que, con excepción da unidade de cru dous onde se rexistrou o lume, "o resto está a funcionar con normalidade", dixeron precisando, ademais, que a citada unidade está situada na zona do termo municipal da Coruña, non de Arteixo.

En todo caso, asegura que a extinción total do incendio produciuse sempre nunha situación de control e sen risco para a poboación.

No suceso, resultou ferido leve un traballador, que xa se atopa no seu domicilio e que foi atendido polos propios servizos médicos do complexo industrial.

En relación ao incendio, que foi extinguido, con medios propios, polos equipos de seguridade do complexo industrial, desde o comité de empresa apuntaron que reclamaron unha comisión de investigación, á espera de ter máis datos sobre o sucedido no transcurso da xornada. Desde a compañía, precisaron que agora se investigarán as causas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade