Un tirador morto e un viandante ferido nun tiroteo preto da Casa Branca
O suceso, que obrigou ao peche de seguridad do complexo, prodúcese un mes despois do intento de atentado contra Donald Trump na cea de Correspondentes da Casa Branca
Un tiroteo nas inmediacións da Casa Branca, en Washinton, rematou esta madrugada co presunto atacante abatido polos axentes do Servizo Secreto e cun segundo ferido, ao parecer, un transeúnte que pasaba pola zona.
Segundo as primeiras investigacións, o home abriu fogo preto dun control de seguridade situado moi preto da residencia presidencial. Os axentes responderon aos disparos e conseguiron neutralizalo. Despois, foi trasladado ao hospital en estado crítico, onde faleceu pouco despois.
As autoridades estadounidenses aseguran que a situación está xa baixo control, despois de que a Casa Branca activase temporalmente o peche de seguridade do complexo. O director do FBI, Kash Patel, confirmou que hai axentes federais sobre o terreo investigando o ocorrido.
Este novo incidente rexístrase apenas un mes despois de que outro home armado tentara acceder á cea de correspondentes da Casa Branca, e que obrigara a evacuar ao presidente Donald Trump.