Un radar de Mos está entre os cinco que máis multa de toda España
Recada máis de dous millóns de euros, e supera as 45.000 denuncias anuais

A A-55 ao seu paso por Mos é un dos grandes puntos negros de accidentes, a pesar de que ten tamén un dos radares que máis multa.
Recada máis de dous millóns de euros, e supera as 45.000 denuncias anuais. É o que máis infractores caza en Galicia, con diferenza. Os outros dous que máis denuncias tramitan son o de Abadín, situado na A-8, e o do túnel do Folgoso, no concello da Cañiza, na A-55. Pero xa a moita distancia do primeiro.
Estes tres radares están entre os 50 que máis multan de toda España. É máis, o de Mos é o quinto da táboa.
O cinemómetro está situado no quilómetro 9,2 da A-55.
É responsable de máis de 45.000 denuncias formalizadas no último ano, segundo a clasificación elaborada por Automobilistas Europeos Asociados cos datos facilitados pola Dirección Xeral de Tráfico.