Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un motorista falece nunha saída de vía no municipio de Bande

Un motorista falece nunha saída de vía no municipio de Bande

Foi no quilómetro 45 da estrada OU-540 pouco antes das sete da tarde

G24.gal 11/05/2024 20:07 Última actualización 11/05/2024 22:05

Un motorista, de 39 anos, faleceu este sábado nunha saída de vía na estrada OU-540 ao seu paso polo municipio de Bande.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, o accidente tivo lugar no quilómetro 45 pouco antes das sete da tarde. Foi pola marxe dereita no sentido da marcha.

Agora, un equipo de investigación tentará determinar as circunstancias do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade