Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un rapaz de quince anos por apuñalar outro de 13 en Valencia

Deteñen un rapaz de quince anos por apuñalar outro de 13 en Valencia

A vítima da agresión con arma branca, ocorrida preto dun instituto da localidade de Alberic, foi trasladado a un hospital con prognóstico reservado

Detido un menor por apuñalar a outro nun instituto de Madrid

A agresión produciuse no instituto Consuelo Aranda, situado en Alberic (Valencia) A agresión produciuse no instituto Consuelo Aranda, situado en Alberic (Valencia)
G24.gal 23/01/2024 11:01 Última actualización 23/01/2024 12:28

Un rapaz de 15 anos foi detido como suposto responsable da agresión con arma branca a outro de trece ocorrida este martes nas inmediacións dun instituto de secundaria Consuelo Aranda, situado na localidade valenciana de Alberic.

A Garda Civil fíxose cargo da investigación sobre as circunstancias da agresión ao mozo de 13 anos, que foi atendido por un equipo médico do SAMU nun primeiro momento e trasladado ao hospital da Ribera, en Alzira.

Desde este centro será levado ao hospital A Fe de Valencia con prognóstico reservado, segundo informaron fontes sanitarias.

A Garda Civil investiga as causas e as circunstancias nas que se produciu o apuñalamento que, segundo adiantou o diario Levante, produciuse sobre as oito da mañá deste martes e en presenza doutros alumnos

O alcalde da localidade sinala que non se coñece que houbese un conlfito entre o agresor e a vítima

O alcalde de Alberic, Toño Carratalá, explica que o autor do apuñalamento entregouse "inmediatamente" ao policía local que regula a entrada ao centro cada mañá. Cada xornada escolar un axente da Policía Local do municipio custodia a entrada e saída ao centro, principalmente para regular o tráfico.

Así mesmo, explicou que non se coñecía conflito algún entre os dous menores e que o instituto onde sucederon os feitos, o Consuelo Aranda, caracterízase "pola súa normalidade", pois non é "nin moito menos conflitivo" e "non se producen altercados".

Tanto a vítima como o agresor,  segundo asegurou o alcalde, "son alumnos absolutamente normais, sen conflito coñecido entre eles" polo que "non ten ningún tipo de explicación os sucedido". 

 

O alcalde indicou que a Garda Civil fíxose cargo da investigación e apuntou que "haberá que pescudar tanto a nivel policial como psicolóxico que pasou para que chegue a ocorrer un feito como este". Así mesmo indicou que será necesario "traballar psicoloxicamente cos nenos para que non volva pasar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade