Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un matrimonio de avanzada idade de Cangas foi evacuado por un incendio no seu piso

Un matrimonio de avanzada idade de Cangas foi evacuado por un incendio no seu piso

As dúas persoas, de 69 e 70 anos, unha delas encamada, presentaban síntomas de intoxicación por fume

G24.gal 18/11/2021 10:27

O incendio ocorreu nunha vivenda situada na rúa dos Heroes de 1617, no concello pontevedrés de Cangas, e afectou só un cuarto. As fontes de emerxencias indicaron que as lapas danaron as cortinas e unha cadeira de rodas que había no interior da estancia.

A muller alertou o 112 indicando que empezaba a arder o cuarto do seu home, que estaba encamado. Pensaba que ela mesma dera extinguido as lapas coa axuda de toallas molladas, pero, aínda así, solicitaba asistencia para o seu home, que se atopaba encamado.

Os dous precisaron ser evacuados a un centro hospitalario de Vigo por intoxicación por inhalación de fume.

Foron alertados os Bombeiros do Morrazo, que, tras chegaren, confirmaron que o lume xa fora extinguido case na súa totalidade polos particulares. Iso si, indicaron que a persoa que estaba encamada precisou ser trasladada nunha ambulancia dos servizos sanitarios, ao presentar síntomas de intoxicación. 

Ademais do persoal sanitario e dos Bombeiros, os xestores de emerxencias deron conta dos feitos aos axentes da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade