OPINIÓN
Un marco laboral de parte, sen consensos, por Venancio Salcines
Se falamos do marco laboral español debemos ter claras varias cousas. A primeira, que o temos deseñado para que sexa a suma de diferentes acordos. Por que? Asume a heteroxeneidade do tecido produtivo, que o é tanto na parte sectorial como na territorial. Pero a vicepresidenta, quizais para buscar o foco mediatico, ten obsesión por roubarlles protagonismo aos convenios e centrar nela toda a acción política.
Pero se o marco deseñado na transición tiña ese obxectivo era por algo, porque todos os axentes entendían que determinadas condicións eran asumibles en determinados territorios ou sectores e non noutros. A segunda cuestión radica en romper co espírito do consenso. Un marco laboral de parte nunca ten a mesma consistencia que un baseado nos consensos. E de feito Junts situouse en contra xustamente pola dificultade para poder opinar sobre a mesma. E se Junts se queixa, que dirán a patronal ou o resto das forzas políticas.
Dito isto, una xornada á baixa só é posible en sectores con alto valor engadido, e claramente prexudicial nunha morea de sectores, como os agrarios ou os intensivos en man de obra. Sería lóxico e esperable que unha medida como está estivese acompasada doutras de discriminación positiva dirixidas á pequena empresa, pero claro, para iso temos que pactar, e disto a vicepresidenta xa non se acorda.