Cargando resultados...
Un lume na comarca do Ribeiro pon en alerta os veciños do concello de Melón
Os residentes na parroquia de Quins sacaron mangueiras para arrefriar o terreo arredor dos seus predios
O incendio que os ameaza obrigou a cortar a autovía A-52 en dirección a Benavente ao seu paso por Melón
G24.gal
17/08/2025 21:10
Os veciños de Quins, no concello de Melón, están moi pendentes do fume e das lapas que se poden ver preto desta parroquia da comarca do Ribeiro.
O incendio que os ameaza obrigou a cortar a autovía A-52 en dirección a Benavente ao seu paso por Melón.
A veciñanza trata de arrefríar o terreo arredor dos seus predios.