Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un lucense de 62 anos, entre os falecidos no accidente do camión que envorcou en Granada con 545 quilos de haxix

Un lucense de 62 anos, entre os falecidos no accidente do camión que envorcou en Granada con 545 quilos de haxix

A droga estaba oculta entre un cargamento de cebolas

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 03/04/2024 15:58

Un dos dous falecidos no accidente do camión que envorcou o pasado venres Santo con 545 quilos de haxix ocultos entre un cargamento de cebolas é un home de Lugo de 62 anos de idade.

O accidente ocorreu na A-92, ao seu paso por Santa Fe, en Granada. O tráiler sufriu unha saída de vía e caeu por un desnivel.

No accidente non mediou ningún fallo mecánico, polo que os investigadores traballan coa hipótese de que fose froito dun descoido ou de somnolencia por parte do condutor.

Un dos falecidos era natural de Lugo e tiña 62 anos e o outro era un almeriense de El Ejido e tiñan antecedentes por narcotráfico.

No lugar do sinistro interviñeron efectivos de Bombeiros para liberar ás vítimas, xunto con Garda Civil e o Centro de Emerxencias Sanitarias 061, pertencente ao Servizo Andaluz de Saúde, que certificou a morte dos dous homes que viaxaban no vehículo.

Posteriormente, na revisión do camión os axentes da Garda Civil atoparon o haxix oculto entre o cargamento de cebolas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade