Cargando resultados...
Un inverno de fochancas nas estradas galegas
G24.gal
07/03/2026 15:30
Entre xaneiro e febreiro, rexistráronse ata 44 días consecutivos de precipitacións en Galicia. De feito, chegou a ser, xunto co norte de Portugal, o territorio habitado coa anomalía húmida máis intensa de todo o planeta.
Tanta auga caendo de forma tan persistente provocou a erosión do pavimento nas estradas, ata o punto de abrir innumerables fochancas na rede viaria galega. A situación é mesmo perigosa nalgunhas estradas, que xa rexistraron varios accidentes.