Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un exmilitar tenta matar a súa parella dun disparo e despois suicídase en Málaga

Un exmilitar tenta matar a súa parella dun disparo e despois suicídase en Málaga

A muller foi trasladada con vida a un hospital de Málaga

G24.gal 27/06/2023 18:06 Última actualización 27/06/2023 19:21

En Málaga, un exmilitar de 69 anos tenta matar a súa parella dun disparo en plena rúa e despois  suicídase coa mesma arma.

A muller foi trasladada con vida a un hospital.

Os feitos ocorreron pouco antes das catro da tarde deste martes no municipio malagueño de Torrox.

O bolso salvoulle a vida

Ao parecer, ambos eran de Sevilla e estaban separados desde había tempo.

A muller vivía desde hai pouco na costa de Málaga, onde tamén residen os seus fillos. O home desprazouse alí expresamente para acabarlle coa vida.

O agresor, comandante retirado, disparoulle no peito.  Pero todo indica que o bolso que levaba a muller amorteceu o impacto da bala e salvoulle a vida.

A muller foi evacuada ao Hospital en estado grave e consciente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade