Un home mata a parella e despois suicídase en Alacante
A vítima presentaba feridas de arma branca
A Policía Nacional investiga o asasinato dunha muller de 29 anos localizada este martes sen vida nunha vivenda da cidade de Alacante.
No mesmo domicilio apareceu morto un home de 34 anos que mantía unha relación sentimental coa vítima, polo que os investigadores tratan o caso como un posible episodio de violencia de xénero.
Unha persoa que accedeu á vivenda atopou os dous corpos e deu aviso ás forzas de seguridade.
Segundo a información recollida pola Policía Nacional, a muller presentaba feridas de arma branca e o home apareceu aforcado.
Axentes do Grupo de Homicidios e da Policía Científica realizan a inspección ocular para recoller indicios e determinar as circunstancias do suceso.
A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero informou de que está a recabar datos sobre este asasinato.