Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home mata a coiteladas a filla da súa exparella en Vallecas

Un home mata a coiteladas a filla da súa exparella en Vallecas

O home tiña unha orde de afastamento das dúas mulleres

A vítima, de 20 anos de idade, apareceu morta na súa cama

G24.gal 29/12/2022 09:52

Un home de 37 anos matou este mércores a coiteladas a filla de 20 da súa exparella, para a que tiña orde de afastamento, e tentou suicidarse co mesmo coitelo nunha vivenda do barrio madrileño de Puente de Vallecas, segundo fontes policiais.

Os servizos de emerxencia chegaron á vivenda, situada nunha planta baixa, alertados polas feridas que estaba a causarse un home. Ao entrar no inmoble, atoparon o cadáver da moza nunha cama, onde levaba varias horas falecida, segundo informou Urxencias de Madrid.

A vítima, a segunda muller asasinada por homes con antecedentes por violencia de xénero nas últimas horas, presentaba varias coiteladas no peito. O seu presunto asasino foi atendido nos baños tras sufrir varias puñaladas no pescozo, peito e abdome.

O presunto agresor foi trasladado en estado grave ao hospital 12 de Octubre, onde permanece ingresado baixo custodia policial acusado de homicidio. Ao parecer a súa vida non corre perigo.

Este home tiña senllas ordes de afastamento contra el, que lle impedían achegarse á vítima e á súa nai, que fora a súa parella.

A nai da vítima foi informada do sucedido por unha psicóloga de Samur-Protección Civil e axentes policiais.

O Grupo VI de Homicidios da Policía Xudicial de Madrid fíxose cargo da investigación.

Está é a segunda muller asasinada nas últimas horas por homes con antecedentes por violencia machista, despois da morte a coiteladas de María Elena na localidade toledana de Escalona na noite do mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade