Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home de 86 anos falece en Ourense tras declararse un incendio na súa casa

Un home de 86 anos falece en Ourense tras declararse un incendio na súa casa

Un veciño logrou rescatalo con vida pero morreu pouco despois

Todo apunta a que unha estufa de butano orixinou as lapas

G24.gal 24/10/2021 09:02

Un home de 86 anos faleceu esta madrugada nun incendio urbano en Ourense, no barrio de Rabo de Galo. Un veciño conseguiu rescatalo das lapas pero faleceu no lugar pouco despois.

Aínda que está aberta unha investigación por parte da policía científica, todo apunta a que unha estufa de butano orixinou as lapas que acabaron afectando a estancia onde se atopaba a vítima.

Foi un veciño da vivenda lindeira o que se decatou do que sucedía e, tras botar abaixo a porta, conseguiu entrar na vivenda e rescatar o home, que aínda estaba con vida. Minutos despois entraba en crise, e malia os intentos dos servizos médicos, a vítima falecía no lugar.

A veciñanza tentou apagar as lapas da vivenda con mangueiras, pero foron os Bombeiros de Ourense os que finalmente extinguiron o lume. A casa quedou precintada para comprobar a posteriori os danos na estrutura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar