Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gol de Comparada e as paradas de Edu manteñen o Pontevedra en play off

Un gol de Comparada e as paradas de Edu manteñen o Pontevedra en play off

Gran vitoria no campo do Barakaldo cunha gran actuación do porteiro tudense

G24.gal 21/12/2025 18:11

O Pontevedra mantense no máis alto da Primeira Federación logo da vitoria no campo de Lasesarre, un dos feudos máis complicados da categoría. Chegou cun solitario gol de Alex Comparada ao cuarto de hora rematando unha boa chegada pola dereita de Víctor Eimil e a gran actuación baixo paus de Edu Sousa. O porteiro tudense estivo imperial e freou todos os ataques do Barakaldo. O equipo de Rubén Domínguez suma xa tres vitorias consecutivas e continúa coa súa marcha triunfal no regreso á categoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade