Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gandeiro de Ribadeo denuncia a morte de 27 animais en dous anos a causa do lobo

Un gandeiro de Ribadeo denuncia a morte de 27 animais en dous anos a causa do lobo

O afectado calcula que leva perdidos uns 5.000 euros con estes ataques 

Félix Aragunde 05/12/2022 14:12

O dono de dous cabritos e unha cabra que apareceron devorados na parroquia de Arante, en Ribadeo, denuncia que foron atacados polo lobo, como moitos outros animais que tiña. Nesta ocasión, o ataque supúxolle a perda duns 300 euros.

Javier Mariña, dono do gando: "Fomos mirar por elas para ver se estaban ben, e xa vimos que había unha desfeita, coma sempre. Faltaban dúas cabritas de seis meses e mais unha cabra, que tiña só a cabeza. Empezamos a buscar por alí e xa vimos pegadas".

O dono do gando sinala que os seus animais levan anos padecendo este tipo de ataques, algúns moi preto das vivendas. En total, perdeu xa unhas 25 cabras, ademais dunha tenreira e dun poldro, tanto en Ribadeo coma no concello veciño de Barreiros e mais en Viveiro. 

Javier Mariña, dono do gando: "É algo que vimos sufrindo xa dende hai dous ou tres anos. E cada vez máis, e máis abaixo. Hai apenas un mes matounos outra en Reinante, á beira dos colexios. Imos desfacernos de todo e que quede a bravo. Traballamos para manter o lobo".

O afectado calcula que leva perdidos uns 5.000 euros con estes ataques atribuídos ao lobo. Cada vez que lle mataron un animal, tivo que mercar outro para repoñelo.

Javier Mariña, dono do gando: "Non estás tranquilo en ningún momento. Bótannos as vacas fóra, sáennos á estrada... O problema non é o económico no momento, senón que estamos seguido con ataques e non hai maneira".

Actualmente, o dono do gando cría uns 300 animais, a maioría vacas e cabalos. Das cabras que tiña, só lle quedan quince.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade