Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un fotógrafo afeccionado retrata A Coruña e agocha a súa obra na rúa para ser descuberta polos cidadáns

Un fotógrafo afeccionado retrata A Coruña e agocha a súa obra na rúa para ser descuberta polos cidadáns

G24.gal 23/05/2023 22:10 Última actualización 23/05/2023 22:45

Cando remata o seu horario laboral, Riger camiña pola cidade da Coruña observándoa. O seu ollo dille onde deterse. É entón cando colle o móbil para inmortalizar o momento. "Creouse unha contraluz e unhas sombras na auga e na mesma escultura e así naceu a foto da fonte dos surfistas", explica Riger Lucero, coñecido polo pseudónimo de @photouid. 

Nas súas redes sociais atopou o lugar onde compartir a súa paixón. Como se dun xogo se tratase, deixa as fotos agochadas para ser descubertas polos seus seguidores. Faino deixando pistas. "Publico un adianto do que van ver, do que van atopar, e a partir de aí é deixar a foto, facer outra foto no lugar onde fixen a primeira e tamén outra foto de onde a escondín. A partir de aí quen é máis rápido é quen gaña".

Quen atopa a foto pode quedar con ela a modo de agasallo. Son instatáneas de lugares coñecidos da cidade e non tan recoñecibles. "Porque de súpeto colles un edificio que está metido nunha rúa e podes dicir pois ese edificio nunca o vin antes. Ou, ás veces, cando revelo cal é o edificio din ah, mira é ese, e nunca me fixara en que tiña esa forma ou esa perspectiva e ese ángulo. Esa é a idea: amosar a cidade como nunca antes a viras".

Unha cidade que a el o acolleu hai cinco anos e onde di sentirse coma na casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos