Un dos implicados no caso Mediador asegura que o Goberno canario estaba ao corrente do que acontecía
Un dos implicados no caso Mediador asegura que o Goberno canario estaba ao corrente do que acontecía
Tacoronte asegura que o Goberno canario estaba ao corrente das Festas con prostitutas, drogas e viagra
Conforme pasan as horas, cobra máis dimensión a suposta trama de corrupción política nas Canarias pola que investigan un exdeputado socialista. Supostamente, Juan Bernardo Fuentes esixía comisións a cambio de axilizar tramites administrativos. Un dos empresarios implicados sinalou hoxe outros cargos do PSOE .
O que falou hoxe é o empresario implicado na trama e que actuaba como mediador entre os empresarios e os líderes. Responsabiliza o exdeputado Juan Bernardo Fuentes.
O sumario recolle as festas que se celebraban en Madrid tras as reunións co deputado no Congreso. Festas con prostitutas, drogas e viagra. Navarro Tacoronte asegura hoxe que o Goberno canario estaba ao corrente do que acontecía.
O exdeputado expulsado tamén do Partido Socialista recibía a empresarios no Congreso onde era membro de tres comisións
Juan Bernardo Fuentes foi detido o pasado luns e posto en liberdade con cargos. Está acusado, entre outros delitos, de tráfico de influencias e pertenza a grupo organizado.