Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un documental, presentado pola RAG, percorre a vida e o legado de Begoña Caamaño

Un documental, presentado pola RAG, percorre a vida e o legado de Begoña Caamaño

A reportaxe, que pode verse en YouTube, destaca o activismo feminista da autora 

A presentación do documental foi no IES Alexandre Bóveda de Vigo onde estudou a escritora viguesa 

Imaxe da presentación do documental no IES Alexandre Bóveda. Pedro Davila/Europa Press.
G24.gal 10/04/2026 15:25

A Real Academia Galega (RAG) presentou este venres o documental 'Begoña Caamaño: navegar non pracer do azul', que realiza un percorrido pola vida e o legado da autora que este ano é homenaxeada no Día das Letras Galegas, tratándose dunha figura "polifacética" cunha obra literaria "curta, pero absolutamente espléndida".

O traballo, realizado por Miramemira con Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez na dirección e no guión, foi presentado no IES Alexandre Bóveda de Vigo, onde estudou a autora.

Primeiros anos en Vigo e despois xornalista en Santiago 

Alba López explicou que o documental trata de facer un repaso da vida de Caamaño, desde a súa infancia ata a súa adultez, facendo un percorrido entre os seus primeiros pasos en Vigo para despois continuar coa súa carreira de xornalista en Santiago.

​​​​​Na súa primeira etapa na cidade olívica, López destacou persoas relevantes como a propia irmá da autora, Beatriz Caamaño, mentres que en Compostela destacou figuras próximas como Ana Romaní ou Amanda Álvarez.

"A súa rede era inmensa. Foi moi complicado escoller as persoas que sairían no documental. Non sei canto tería que durar para metelos a todos", asegurou Alba López

Tras poñer en valor a figura "polifacética" de Caamaño, López falou da importancia do instituto Alexandre Bóveda para a formación da autora, que mantivo o feminismo como un elemento transversal da súa obra, así como a defensa dos medios públicos e do galego.

Pola súa banda, o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, centrouse máis na obra literaria de Begoña Caamaño, "curta, pero absolutamente espléndida", así como no seu activismo feminista.

Segundo apuntou, a Real Academia con este documental pretende chegar a un público máis amplo, xa que estará colgado en 'Youtube' para que calquera o poida ver desde a súa casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade