Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Deportivo inferior caeu 2-0 ante a Ponferradina

Un Deportivo inferior caeu 2-0 ante a Ponferradina

Os locais gañaron con facilidade con goles de Ernesto e de Markel Lozano

Foto @RCDeportivo
G24.gal 16/08/2023 11:13 Última actualización 16/08/2023 11:19

O Deportivo foi inferior ante a Ponferradina e Idiákez apostou por un once en que Villares ocupaba a demarcación de lateral dereito. O partido naceu con certa igualdade, pero cun Dépor incapaz de xerar perigo sobre a portería contraria. Nin Mella nin Davo eran capaces de profundar polas bandas e o centro do campo non conseguía fluidez nas transicións. Os erros nas entregas en balóns sinxelos tamén foron preocupantes. Nunha desas faltas de entendemento, a Ponferradina atopouse cunha contra na que a defensa branquiazul recuaba e Ernesto conducía sen oposición. O atacante adiantaba ao seu equipo cun disparo desde a frontal que pasaba por baixo das pernas de Pablo Vázquez e que superaba a Germán.

O gol sentoulle aínda peor a un Dépor moi frouxo e con carencias importantes sobre o terreo de xogo. Os locais tiveron algunha ocasión máis pero con ese 1-0 chegábase ao descanso. Idiakez realizou dous cambios no descanso dando entrada a Mackay e Pablo Martínez.

A primeira clara do segundo acto tamén foi para a Ponfe. Outra contra perigosa que finalizaba cun disparo potente desde a frontal que sacaba atento Mackay. O Dépor mellorou algo no tramo final de partido buscando algo máis de profundidade pero sen inquietar a portería rival. As malas noticias ían medrar a nove minutos para o final cando Lozano superaba a Mackay cun disparo desde a frontal que ía centrado e que o gardameta do Dépor era incapaz de bloquear. Con este dous a cero finalizaba un partido que evidencia a necesidade de reforzar o equipo branco e azul no que queda de mercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade