Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Deportivo en crise empata con sete puntos nos postos de descenso

Un Deportivo en crise empata con sete puntos nos postos de descenso

Está a dez puntos do liderado

De Riazor voaron xa nove puntos

Foto Riazor.org
G24.gal 09/10/2023 15:39 Última actualización 09/10/2023 16:08

O Deportivo só gañou unha vez esta tempada e xa perdeu dúas. A súa última vitoria foi fai cinco partidos, una serie de encontros sen triunfo que non se daba desde fai tres campañas, cando puxo en risco mesmo o seu acceso a Primeira Federación, tras descender a Segunda B.

A iso hai que engadirlle que só foi capaz de anotar un gol no seu estadio, e que este chegou a balón parado. De Riazor voaron xa nove puntos. O baixón tras gañar de forma contundente en Lugo notouse especialmente na fronte de ataque, onde o conxunto branco e azul rexistrou ademais as baixas de Barbero e Yeremay, pezas clave para porta na confección do equipo.

Transcorridas sete xornadas, os de Imanol Idiakez están empatados a puntos co Raio Majadahonda, que pecha a nómina daqueles que descenderían se hoxe concluíse o campionato.

Pola contra, xa marchan a dez do líder, un Nàstic que aínda non perdeu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade