Un Deportivo Abanca en crise busca dar unha boa imaxe en Barcelona
As de Fran Alonso acumulan seis xornadas sen gañar
O Barcelona ven duha derrota contra a Real Sociedade
Na Liga Feminina, o Deportivo Abanca afronta a saída máis complicada de toda a temporada. Viaxa ao campo do Barcelona. E co equipo catalán enrabechado despois de perder a semana pasada contra a Real Sociedade.
Non é o mellor lugar para romper a xeira de seis xornadas sen gañar do cadro coruñés, pero Fran Alonso amósase confiado: "Despois dunha derrota, no Barcelona han estar máis concentradas, e máis motivadas independientemente do rival. Iso vainos poñer as cousas máis difíciles. Pero nós imos facer o noso partido, e competir ao mellor nivel. Ao que non poden superarnos é en ganas e ilusión", indicou o preparador na previa deste encontro, que se diputa mañá (12:00h).