Un cento de empresas galegas estanse a beneficiar xa do programa Retorna da Xunta
Esta aposta pola que o Goberno autonómico define como inmigración ordenada e regular está permitindo que descendentes de galegos poidan establecerse entre nós
A Xunta recompilou xa máis de 3.500 solicitudes con perfís profesionais de todo tipo
Máis dun cento de empresas galegas estanse a beneficiar xa do programa Retorna da Xunta. Esta aposta pola que o Goberno autonómico define como inmigración ordenada e regular está permitindo que descendentes de galegos que no seu día tiveron que ir gañar a vida fóra poidan establecerse agora entre nós, particularmente no eido rural.
Sirva de exemplo unha área de servizo do concello ourensán de Riós onde traballan dez inmigrantes de orixe galega, chegados desde distintos países de Latinoamérica. Son algúns dos beneficiarios dun programa para o que a Xunta recompilou xa máis de 3.500 solicitudes con perfís profesionais de todo tipo.