Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camión de gran tonelaxe queda atoado cinco horas nas Xubias por mor dun erro nas indicacións do GPS

Un camión de gran tonelaxe queda atoado cinco horas nas Xubias por mor dun erro nas indicacións do GPS

O suceso provocou o corte total da estrada 

Para evitar máis casos, piden que se sinalice a zona como é debido

G24.gal 22/01/2026 14:05

Un erro nas indicacións do GPS estaría detrás deste suceso nas Xubias de Abaixo.

"Quedou un tráiler atoado aí porque é unha vía moi estreita".

O condutor do camión atoado, despistado, non se decatou de que esta vía se estreitaba e que lle era imposible continuar ata chegar á curva.

"Xa nos custa traballo pasar a nós..., e iso que temos un camión pequeno".

O vehículo de grandes dimensións quedou atascado neste lugar arredor de cinco horas provocando o corte total da estrada.

"Eu ía para o hospital de Oza e xa non me deixou pasar a Policía Local. Estaba cortado".

A veciñanza di que non é a primeira vez que acontece algo similar.

"Xa pasou máis veces". "A última era un portugués que viña coa súa muller e moito choraba".

Para evitar máis casos, piden que se sinalice a zona como é debido.

"Que indiquen que os camións grandes non poden baixar por aquí porque non hai sinal de ningún tipo".

Cren que ata que non haxa sinalización axeitada non se arranxará o problema, que xa vén de vello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade