Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova sinalización na estrada en que quedaron atascados dous autobuses na Ribeira Sacra

Nova sinalización na estrada en que quedaron atascados dous autobuses na Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo colocou tres sinais prohibindo a circulación de vehículos de máis de 10 metros de longo

G24.gal 05/06/2025 14:38

Collemos a estrada que une Pantón co embarcadoiro da Santo Estevo, na Ribeira Sacra. A pouco máis de medio quilómetro atopamos o primeiro sinal. Advirte de que se trata dunha vía estreita onde está prohibido o paso de vehículos de máis de dez metros de longo. A pesar de haber unha alternativa máis axeitada pola Nacional 120, varios autobuses de turistas métense por esta estrada seguindo as indicacións do GPS. En tan só un mes quedaron atrancados dous.

Para evitar máis situación semellantes, nunha zona, a Ribeira Sacra, cada vez máis visitada, a Deputación de Lugo, titular da vía, decidiu colocar tres sinais ao longo da estrada. Unha medida moi demandada polos veciños da zona que levan tempo advertindo do perigo aos condutores de camións ou autobuses que circulaban pola LU-4103, unha vía con curvas de 180 graos, en pendente e estreito que pode converterse nunha auténtica rateira para os vehículos máis longos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade