Julio Martínez, amigo de Zapatero, declara ante o xuiz tras implicalo na Plus Ultra
O empresario asegura que liderou as xestións para a concesión da axuda da aeroliña
O empresario Julio Martínez, amigo de Zapatero, acompañada pola súa avogada Dolores Márquez - EFE
O empresario Julio Martínez, un dos principais investigados no caso Plus Ultra, comparece este martes ante o xuíz da Audiencia Nacional despois de presentar un escrito no que implica o expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero na axuda pública concedida á aeroliña en 2021.
No documento, Martínez asegura que Zapatero marcaba os pasos que cumpría seguir para conseguir o financiamento e que estaba informado de todas as xestións realizadas. Ademais, afirma que foi o propio expresidente quen lle comunicou que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) ía aprobar o préstamo antes de que o fixese oficialemente o Consello de Ministros.
O empresario tamén sostén que a comisión pola mediación ascendeu aproximadamente ao 1 % da axuda concedida, uns 530.000 euros segundo o xuíz. Ata o de agora gardara silencio, xa que cando foi detido o pasado mes de decembro acolleuse ao seu dereito a non declarar.
A investigación tamén alcanza o presidente de Plus Ultra, que recoñeceu que era consciente de que Martínez e Zapatero pretendían cobrar polas xestións realizadas. O expresidente nega rotundamete calquera irregularidade.