Publicador de contidos

Publicador de contidos

Turull asegura que é "abolutamente indigno" acusar a Junts de xenofobia

Turull asegura que é "abolutamente indigno" acusar a Junts de xenofobia

O secretario xeral de Junts cargou particularmente contra Esquerra e o executivo catalán

G24.gal 13/01/2024 15:30 Última actualización 13/01/2024 16:46

Desde Junts, o seu secretario xeral, Jordi Turull, fala de indignidade en referencia aos partidos que os acusan de xenofobia por pactar a transferencia de competencias de inmigración. Entre esas formacións políticas hai representantes do independentismo e hoxe mesmo a CUT facía fincapé nese aspecto.

No Consello Nacional do seu partido, Turull envioulle este sábado tamén varios recados a Esquerra e dixo que o Goberno catalán está "esgotado e pronto acabado". En ERC cuestionaron os acordos acadados por Junts en Madrid e mesmo sinalaron que o partido de Puigdmont "abraza discursos de extrema dereita" no tema da inmigración. A resposta de Turull foi contundente:

"Esta chantaxe de acusarnos de xenófobos porque nós nos preocupamos e queremos abordar este tema da política nacional de inmigración é absolutamente indigna. Nós actuamos e actuaremos con mentalidade de Estado. Outros só actúan con mentalidade de partido".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade