Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a morte dunha muller con signos de violencia en Rafelcofer (Valencia)

Investigan a morte dunha muller con signos de violencia en Rafelcofer (Valencia)

Segundo medios locais, a muller, de 66 anos e profesora xubilada, foi asasinada a coiteladas na súa casa

G24.gal 29/04/2024 08:43

A Garda Civil de Valencia investiga a morte dunha muller, atopada con signos de violencia no municipio valenciano de Rafelcofer, segundo informaron fontes da Garda Civil.

Segundo publican medios locais, a muller, de 66 anos e profesora xubilada, foi asasinada a coiteladas na súa casa. As súas fillas encontraron o seu corpo sen vida despois de que un veciño do municipio atopase a súa carteira tirada nun barranco; estes extremos non foron confirmados polas fontes.

Ao parecer, segundo os medios, a persoa que atopou a carteira dirixiuse primeiro á casa de Rosa, pero como a muller non respondía ás chamadas, foi na procura das fillas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar