Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump ve "triste" o que pasa en Ceuta e di que España non controla a súa fronteira

Trump ve "triste" o que pasa en Ceuta e di que España non controla a súa fronteira

O presidente cualificou a España de "país arruinado" e afirmou que a entrada masiva de inmigrantes en Ceuta no mes de xullo foi "moi triste de ver"

O Goberno toma o control do porto de Ceuta para aloxar persoas migrantes

Vivas reunirase este martes en Bruxelas con comisarios da UE pola crise de Ceuta

REUTERS/Eric Lee REUTERS/Eric Lee
G24.gal 06/09/2026 11:38

O presidente dos EUA, Donald Trump, cualificou este domingo de "triste" o que ocorre en Ceuta e dixo que España é un país con "cero control" da súa fronteira, en referencia á entrada masiva de inmigrantes no mes de xullo.

Mediante unha publicación na súa rede, Truth social, Trump volveu aludir ao caso de Ceuta, sen mencionalo expresamente: "Moi triste o que está a pasar en España, un país con CERO control da súa fronteira".

Non é a primeira vez que o mandatario estadounidense critica a España, a quen xa botou en cara as súas desavinzas sobre o gasto en defensa ou a súa actitude nos conflitos de Irán ou Gaza.

Asemade, o presidente cualificou a España de "país arruinado" e afirmou que a entrada masiva de inmigrantes en Ceuta no mes de xullo foi "moi triste de ver".

"España será un país arruinado. Teño problemas con España porque non se está comportando demasiado ben con respecto á OTAN e non paga o que debería pagar", declarou o mandatario nunha entrevista coa canle británica GB News.

Sobre Ceuta, Trump dixo nese medio que "o que está a ocorrer alí é moi triste de ver (...). Milleiros de persoas irrompendo en masa no seu país. Nunca vin nada igual", apuntou en relación coa entrada masiva de inmigrantes a finais de xullo.

A finais de xullo entraron en Ceuta de forma irregular máis de 70.000 inmigrantes desde Marrocos, a maior parte dos cales regresou nos días seguintes, pero aínda permanecen na cidade algo máis de 5.000 á espera de que se tramiten os seus expedientes de devolución ou de asilo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade