Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump prevé a retirada dos EUA de Irán "en dúas ou tres semanas"

Trump prevé a retirada dos EUA de Irán "en dúas ou tres semanas"

"Onte á noite destruímos unha gran cantidade de instalacións de fabricación de mísiles (…) golpeámolos moi duro", agregou o republicano para xustificar que a maioría de obxectivos militases dos Estados Unidos estarían cumpridos

O mandatario foi cuestionado sobre a reapertura do estreito de Ormuz e dixo que a seguridade na zona xa non será un asunto dos Estados Unidos e que " Francia, China e outros países poderán abastecer os seus barcos e arranxarllas por si mesmos"

G24.gal 01/04/2026 07:53

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, afirmou este martes que o seu país prevé "retirarse" de Irán “en dúas ou tres semanas”, tras asegurar que as recentes operacións alcanzaron os obxectivos militares trazados.

"Eu diría que nunhas dúas semanas, tal vez dúas ou tres, iremos, porque non hai razón para que esteamos a facer isto", respondeu o mandatario a unha pregunta sobre a situación actual da guerra en Irán.

"Onte á noite destruímos unha gran cantidade de instalacións de fabricación de mísiles (…) golpeámolos moi duro", agregou o republicano para xustificar que a maioría de obxectivos militases dos Estados Unidos estarían cumpridos.

Ademais, Trump dixo que é posible que atopen un acordo antes da retirada pero que iso "xa non importa" porque cos danos que provocaron "tomaralles de 15 a 20 anos reconstruír" o que destruíron.

Posteriormente, o mandatario foi cuestionado sobre a reapertura do estreito de Ormuz e dixo que a seguridade na zona xa non será un asunto dos Estados Unidos e que " Francia, China e outros países poderán abastecer os seus barcos e arranxarllas por si mesmos".

Onte, Trump pediu aos países que se negaron a participar na súa ofensiva militar contra Irán que actúen con "coraxe" e "tomen" o estreito: "O máis complicado xa está feito. Vaian polo seu petróleo", indicou en Truth Social.

Irán pechou este roteiro con ataques a petroleiros e só permitiu o paso dalgúns buques cisterna preto das súas costas como táctica para exercer presión económica mundial durante o conflito. Mentres, un petroleiro kuwaití recibiu a madrugada do martes o impacto dun proxectil lanzado desde Irán mentres estaba no porto de Dubái, en Emiratos Árabes Unidos, segundo a Corporación Petroleira de Kuwait.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade