Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump imporá en abril aranceis do 25 % a automóbiles, semicondutores e produtos farmacéuticos

Trump imporá en abril aranceis do 25 % a automóbiles, semicondutores e produtos farmacéuticos

Trump especificou que os automóbiles que entren ao país estarán gravados "ao redor do 25 por cento", mentres que no caso dos semicondutores e os produtos farmacéuticos, os aranceis serán dun 25 por cento ou máis e subirán substancialmente máis no transcurso dun ano

G24.gal 19/02/2025 09:03

O presidente dos Estados Unidos Donald Trump declarou este martes que anunciará a principios de abril aranceis ás importacións de automóbiles, semicondutores e produtos farmacéuticos de ao redor dun 25 por cento, unhas taxas que prevé aumentar dentro dun ano desde a súa entrada en vigor.

En declaracións á prensa desde a súa residencia de Mar-a-Lago, en Florida, o inquilino da Casa Branca especificou que os automóbiles que entren ao país estarán gravados ao redor do 25 por cento, mentres que no caso dos semicondutores e os produtos farmacéuticos os aranceis serán dun 25 por cento ou máis, e subirán substancialmente máis no transcurso dun ano.

Estas novas taxas non entrarán en vigor de inmediato para dar tempo ás empresas a trasladar as súas fábricas aos Estados Unidos. "Porque, como vostedes saben, cando chegan aos Estados Unidos e teñen a súa planta ou fábrica aquí, non hai aranceis. Así que queremos darlles un pouco de marxe", indicou Trump.

O magnate asegurou que os aranceis poderán anunciarse tan pronto como o 2 de abril. Tamén a principios dese mes debe concluír un estudo da administración Trump sobre as políticas fiscais e arancelarias doutros países, o cal facilitaría a entrada en vigor dos aranceis recíprocos.

Trump tamén promulgou recentemente un arancel xeral do dez por cento sobre os produtos procedentes da China e aranceis do 25 por cento sobre todas as importacións de aceiro e aluminio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade