Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump entra con forza na campaña das lexislativas: "Non me van silenciar"

Trump entra con forza na campaña das lexislativas: "Non me van silenciar"

Arremete contra Biden, o FBI e os medios de comunicación no seu primeiro mitin tras o rexistro da súa mansión

Donald Trump durante o mitin deste sábado en Wilkes-Barre (Pensilvania) Donald Trump durante o mitin deste sábado en Wilkes-Barre (Pensilvania)
G24.gal 04/09/2022 09:49

O ex presidente estadounidense Donald Trump máis que un mitin o que fixo esta fin de semana en Pensilvania pareceu un axuste de contas. Na súa primeira intervención en público desde o rexistro da súa mansión de Mar a Lago na Florida entrou con forza na campaña das lexislativas para arremeter contra o seu sucesor, Joe Biden, e deixando claro que non o van silenciar.

O republicano despois de que o actual mandatario o acusara nun discurso en Filadelfia de ser unha ameaza para a democracia, atacou a Biden directamente. "O inimigo do Estado e el e o grupo que o controla", dixo.

Antes de comezar a intervención, nas pantallas de televisión do recinto proxectouse un vídeo no que se ve a Biden tropezar nunhas escaleiras, quedar en branco ou tatexar nun discurso para rematar cun lema: "Biden non pode falar. Como vai liderar?".

O baño de masas de Trump no pavillón de Wilkes-Barre focalizouse tanto en responder ao actual inquilino da Casa Branca, que o xoves o considerou un perigo para a democracia, coma en defender o movemento MAGA, acrónimo de "Make America Great Again", que foi o lema da súa campaña e da súa presidencia.

"O perigo para a democracia vén da esquerda radical, non da dereita" asegura Trump, que estima que as eleccións de medio mandato van ser un referendo sobre a "inflación disparada", os "millóns e millóns de inmigrantes" que entran de xeito ilegal no país ou a "corrupción e o extremismo de Biden e o Partido Demócrata".

Trump levanta paixóns. Falou ante case 8.000 persoas nun pavillón case cheo e entregado, con público de todas as idades, case tantas mulleres coma homes e familias completas de avós a netos. Case todos brancos, algún asiático e poucos afroamericanos.

O mitin supón o arranque non oficial da súa campaña para as lexislativas do 8 de novembro, que se están a converter en certo xeito nun corpo a corpo entre Biden e Trump.

En 2022 e nas presidenciais de 2024, engadiu Trump, os republicanos deben "devolverlle o poder á xente" porque do contrario, na súa opinión, o país "vai ser destruído".

Os demócratas, insiste, están intentando silencialos, pero remarcou en Pensilvania, un estado chave nas eleccións, onde Biden venceu nas presidencias de 2020 e Trump en 2016, que non o van lograr.

Entre os seus seguidores non pasou factura o escándalo do rexistro e dos seus documentos. Trump denunciou a entrada na súa vivenda como unha manobra política contra el os seguidores. Cualifica a actuación da xustiza e do FBI como "un dos abusos de poder máis escandalosos de calquera administración na historia dos Estados Unidos" e "unha parodia da xustiza, propia dun país do terceiro mundo", malia os indicios contra el, en particular o cento de documentos clasificados como confidenciais, secretos ou alto secreto que localizaron os axentes no rexistro, despois de que os avogados de Trump aseguraran que os devolvera todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade